Seroalbumina bovina

Este artigo trata sobre a seroalbumina da vaca. Para a variante humana ver seroalbumina humana.
Seroalbumina bovina
Identificadores
Organismo Bos taurus (vacas)
Símbolo xene ALB
Entrez 280717
RefSeq (mRNA) NM_180992
RefSeq (Prot) NP_851335
UniProt P02769
Outros datos
Cromosoma 6: 91.54 - 91.57 Mb

A seroalbumina bovina ou albumina sérica bovina, tamén chamada Fracción V e abreviada como BSA (do inglés bovin serum albumin) é unha proteína do tipo das seroalbuminas producida polas vacas. Encóntrase no plasma sanguíneo das vacas e, en pequenas cantidades, aparece no seu leite, aínda que non se produce na glándula mamaria, senón que se filtra desde o sangue[1]. As súas funcións na vaca son axudar a manter a presión osmótica coloidal,[2] e exercer funcións de transporte, xa que se une a moitos ligandos, como ácidos graxos, hormonas esteroides, bilirrubina e ións metálicos.[1] Ten importantes aplicacións en bioquímica, xa que se utiliza como un estándar para medir a concentración de proteínas nos experimentos de laboratorio.

O nome alternativo que recibe, "Fracción V" refírese á albumina que constituía a fracción quinta obtida na metodoloxía de purificación de Edwin Cohn orixinal, que utilizaba as características da solubilidade diferencial das proteínas plasmáticas para separalas. Manipulando as concentracións de solvente, o pH, concentracións de sal, e a temperatura, Cohn extraía sucesivas "fraccións" do plasma sanguíneo. Na quinta fracción ía a seroalbumina bovina. En realidade, o proceso foi comercializado primeiro para a seroalbumina humana para uso médico e despois foi adoptado para a produción de seroalbumina bovina.

  1. 1,0 1,1 Young W. Park, George. Milk and Dairy Products in Human Nutrition: Production, Composition and Health. Google books [1]
  2. UniProt

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search